Por fin veño de rematar a impresión do primeiro libro que autoedito. Trátase dunha peciña de 22 páxinas a toda cor, froito da experimentación. É unha serie limitada onde se mistura a escritura automática, o colaxe, a ilustración e por suposto o azar. O resultado é un conto para adultos que xira en torno á idea da crise (calquera crise) como unha oportunidade para o avance persoal.
Estes días ando fora da casa e non podo colgar imaxes do proxecto pero fareino en breve.
O 3 de Xaneiro ás 12:00 h. presentareino na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela. Estades todos convidados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario