miércoles, 16 de julio de 2014

Complexo multivitamínico para o luns das supermulleres


Se seguides dalgún xeito omeu traballo saberedes que veño  traballando en torno ao tema da autorreferencia desde vai vinte anos, e cinco sobre a sobrecarga de responsabilidades da muller do século XXI.
Nesta peza ironizo de novo sobre o síndrome da Superwoman:  un problema moi común nas mulleres actuais que sufrimos intentando cumprir as expectativas que sobre nos depositan  a sociedade e os medios. Á femia esíxelle ser perfecta a todos os niveis ( eficiente, fermosa, templada, incansable, etc.) e supóñenselle unas capacidades e resistencia sobrehumanos.
Nesta peza de recente creación (remateina onte) esa presión sobre o colectivo feminino representas de novo cunha figura cómica e recoñecible no ideario común : a superheroína por excelencia. A idea é eu son unha mais das superheroínas. Dende logo non a única. Unha entre milleiros de mulleres que  coidan, protexen, renden, limpan, nutren, organizan a economía domestica e que teñen xornadas de 24 horas, aínda que non as cobren… E para facer esta crítica social  empreguei  de novo estratéxias de contrapublicidade que axudan a parodiar a cultura da píldora importada dos USA que promete solucións instantáneas a problemas profundos de saúde física e ou mental.

Medidas: 50  cms. alto x 40´5 cms. ancho x21´5 cms. de profundidade
Características técnicas: 8 botes etiquetados dentro dunha caixa expositora do produto.

Técnica mixta sobre cartón e PVC.

domingo, 15 de junio de 2014

"TV Portraits. Como me ghusta por os títulos en inglés para quedar de moderna… "

Encántame este título e todo o que significa. É o primeiro que tiven claro cando me plantexei este proxecto plástico co que farei a miña primeira mostra individual en catro anos. A expo será o 1 de Agosto no Centro Regal-Xunqueira, en Viveiro (Lugo).
Esta colección de debuxos xurde como consecuencia das clases de teatro da Improvisación ás que fun vai uns meses (Impro-games) e das ilustracións improvisadas que acabaron convertíndose no meu libriño 3...2...1... que autoeditei no Nadal do 2003.
No 2009 abandoei a que foi a miña galería durante 10 anos e desde entón levo moreas de exposicións que eu non busquei, donde afortunadamente alguén recoñecía o meu traballo e me ofertaba participar. Foi fermoso deixarse ir, deixarse mostrar.
E tiven que deixar pasar tempo de abondo para partir de cero e voltar con ganas. Por fin teño unha colección plástica que quero compartir co publico. É unha colección potente  pero sin pretensións.  E tratase de algó absolutamente fresco e inédito ( todos os traballos son do 2014). En breve engadirei algunha imaxe, pero poucas, gústame reservarme para a inauguración...

lunes, 26 de mayo de 2014

EN AGOSTO PRESENTO A MIÑA PRIMEIRA MOSTRA INDIVIDUAL VAI ANOS

Xa toca, xa me apetece, así que aló vai!. Non adianto case nada, pero básicamente vai ser unha colección de debuxos que funcionará como un elemento de peso nunha instalación con certo espacio reservado para o público. Tamén haberá unha performance na inauguración con importantes doses de microteatro e como sempre no meu caso, un chisco de ironía. A que soa ben? Os poucos que viron algo en primicia...
A mostra será no centro cultural Regal-Xunqueira, en Viveiro. Seguirei informando...

lunes, 12 de mayo de 2014

BUFFFF

Despois de catro meses coa casa e o estudio en obras , por fin retomo o blog coa intención de ir enchéndoo de contidos polo menos semanalmente.  En calquera caso estou a preparar un novo libro: unha adaptación gráfica dun poema meu. Seguirei informando ao respecto, pero si ainda non tedes un convídovos a mercar e desfrutar de "3,2,1..."


martes, 7 de enero de 2014

Presentación en primicia de " 3...2...1..." o 3 de Xaneiro.

O pasado Venres tiven o gusto de presentar o meu último libriño na Igrexa da Universidade. Acudeu moita prensa grazas a xenerosa colaboración de Mercedes Rosón e da comisaria de Procesalia 2013 Monse Cea.

martes, 31 de diciembre de 2013

"3...2...1..." Está rematado e listo para ser distribuído.

Para conseguilo contactade conmigo a través do mail renataotero08@gmail.com ou chamademe ao 610574345. Por 10 euriños a unidade levades unha peza limitada, personalizada e adicada.