Se seguides dalgún xeito omeu traballo saberedes que veño traballando en torno ao tema da autorreferencia desde vai
vinte anos, e cinco sobre a sobrecarga de responsabilidades da muller do século
XXI.
Nesta peza ironizo de novo sobre o síndrome
da Superwoman: un problema moi común
nas mulleres actuais que sufrimos intentando cumprir as expectativas que sobre nos depositan a sociedade e os medios. Á
femia esíxelle ser perfecta a todos os niveis ( eficiente, fermosa, templada, incansable, etc.) e supóñenselle unas capacidades e
resistencia sobrehumanos.
Nesta peza de recente creación (remateina onte) esa presión sobre o colectivo feminino representas de novo cunha figura cómica e
recoñecible no ideario común : a superheroína por excelencia. A idea é eu son unha mais das superheroínas. Dende logo non a única. Unha entre milleiros de mulleres
que coidan, protexen, renden, limpan,
nutren, organizan a economía domestica e que teñen xornadas de 24 horas, aínda que
non as cobren… E para facer esta crítica social empreguei de novo estratéxias de contrapublicidade que axudan a parodiar a cultura da píldora importada dos USA que promete solucións
instantáneas a problemas profundos de saúde física e ou mental.
Medidas: 50 cms. alto x 40´5 cms. ancho
x21´5 cms. de profundidade
Características técnicas: 8 botes etiquetados dentro dunha caixa expositora
do produto.
Técnica mixta sobre cartón e PVC.